Cambiar potencia ao contratar luz🔋
Si que podes, pero non cho recomendamos. Realizar calquera cambio de potencia ten un custo de 10,94 € (por realizar calquera cambio) e outros 4,50 € por cada 0,1 kW aumentados (salvo que unha das dúas potencias xa sexa máis alta ca a que estás establecendo. Estes custos non dependen de nós senón da distribuidora).
Se tes moi claro que necesitas este cambio de potencia, adiante, canto antes mellor. Se non, agarda a levar varios meses connosco e nós axudarémoste a establecer esa potencia nova, en función do teu consumo e necesidades.
Unha das mellores opcións que ofrece MASMOVIL LUZ y GAS é o asesoramento respecto á potencia que se deba contratar. Ademais, hai tarifas que incluso ofrecen a opción de modificar o prezo.
En MASMOVIL LUZ y GAS cando es cliente durante un tempo, facemos unha análise do teu consumo e informámoste se podes aforrar na túa factura axustando a potencia ou se tes a potencia ben contratada.
Tamén se ofrecen diferentes vantaxes nas tarifas para autónomos ou negocios. Neste caso, o usuario paga unha cantidade estable polo kWh e en canto á potencia, ofrécense entre 10 kW e 15 kW, unha cantidade ideal para que os pequenos negocios poidan satisfacer as súas necesidades. Ademais, neste sentido o asesoramento de MASMOVIL LUZ y GAS sempre está dispoñible.
Finalmente, destaca a Tarifa de Luz Estable de MASMOVIL LUZ y GAS na que o prezo do kWh sempre é o mesmo, independentemente do momento no que se produza o consumo.